2011: Ano do Voluntariado

Voluntariado - Ver Forges.comA declaración formal da Comisión Europea para o ano actual, pretende estimular a participación en actividades deste tipo.

“Facer voluntariado é querer cambiar o mundo… e facelo”.

“Fago voluntariado porque me axudou durante moitos anos o labor voluntario doutras persoas”

“O voluntariado permite comprobar os resultados da suma de moitos pequenos grans de area”

Son exemplo de frases de voluntarios, que expresan a súa satisfacción por participar, de xeito libre e desinteresado, en actividades de todo en favor da comunidade.

Asociacións e institucións diversas fornecen moitas canles de colaboración que, baixo a forma do voluntariado, permiten apoiar causas, proxectos e iniciativas de moi distinta natureza.

A Comisión Europea declarou este 2011 como Ano do Voluntariado. Unha forma de destacar o labor que moitas persoas xa veñen realizando desde hai anos e animar a outras a facer o mesmo. A declaración pretende servir de instrumento de “concienciación e cohesión social” e que sigue no tempo á que foi declaración de 2010 como Ano Contra a Exclusión Social e a Pobreza.

A estatística europea recolle que un de cada tres cidadáns participa ou ten participado en actividades de voluntariado. Ademais, oito de cada dez aseguran que axudar aos demais é importante para as súas vidas.

Información e recursos:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*