Inicio » Infantil/Xuvenil » A nena e o grilo: Magín dá no blanco

A nena e o grilo: Magín dá no blanco

A nena e o griloO libro-disco do cantautor ourensán convértese nun referente para os máis pequenos e para os que non o son tanto.

A principios de 2010 chegaba ás librarías e tendas o traballo ‘A nena e o grilo’. O coñecido cantautor ourensán Magín Blanco é o responsable desta publicación de OQO editora na que se mestura música e literatura.

Canda a voz de Blanco aparecen achegas de artistas tan coñecidas como Uxía, Fred Martins, Guadi Galego e Ugia Pedreira. O ilustrador Iván Prieto encárgase dunha colaxe de debuxos que enchen de cor o libro-disco.

Un ano despois da súa publicacion, ‘A nena e o grilo’ segue a ser unha palpable demostración de como os discos e os libros dirixidos a nenos poden ser tratados con exquisita rigorosidade artística. Eis un produto que sen dúbida entusiasmará aos máis pequenos e tamén enganchará a moitos adultos.

Máis información
:
Na bitácora de Magín Blanco, sobre o espectáculo audiovisual

One Response to A nena e o grilo: Magín dá no blanco

  1. Toupa.net Responder

    Xaneiro 27, 2011 at 20:13

    Totalmente recomendable, como ben dicides, é unha proposta musical orientada ao público infantil, pero moi rigorosa e exquisita, tanto na parte musical como no propio traballo de deseño e edición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*