A vida en imaxes. Alicia no País das Marabillas

Museo do Pobo GalegoO pintor Miguel Piñeiro quixo achegarse ao autismo, a esa “realidade distinta”, da man da súa afillada Alicia.

Lugar: Museo do Pobo Galego
Data: 21 de xaneiro de 2011 – 27 de febreiro de 2011
Horario: De martes a sábado (10 -14 horas / 16 – 20 horas); Luns pechado

É difícil figurarse o que pasa pola cabeza dunha persoa autista, chegar a comprender, dende a nosa privilexiada e racional atalaia, o universo que imaxinan e no que constrúen os seus soños. O pintor Miguel Piñeiro quixo achegarse a esa “realidade distinta” da man da súa afillada Alicia, unha nena fráxil, de ollos grandes e mirada abstraída, á que hai dous anos lle disgnosticaron esa patoloxía.
O artista creou unha serie de obras só para ela, forxando na linguaxe da figuración ata o máis pequeno detalle e o máis gracioso trampantollo. Fíxoo con rigorosidade técnica, poñendo ao mesmo tempo o acento na cadencia emotiva da súa proposta.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*