“Agora si”: doce mulleres que durante a ditadura non puideron acceder á educación regrada

Concello de Ferrol - Compensación Académica Ferrol acolle un proxecto municipal de “compensación académica”.

A concelleira María López inaugurou o plan formativo, que se desenvolverá na Casa da Muller ata febreiro A través dun programa pioneiro en Galicia, o Concello ofrécelles clases semanais gratuítas os martes e xoves. Agora Si é o momento de que Ferrol lles ofreza ás mulleres que medraron na Ditadura unha compensación académica polas carencias da súa educación

A concelleira de Muller, María López, inaugurou na Casa da Muller Agora Si, un novo proxecto municipal para mulleres maiores de 60 anos e inmensos desexos de aprender que nace coa intención de compensar a aquelas ferrolás que por nacer nun momento histórico difícil a súa vida académica viuse truncada. Segundo subliñou María López, xa chegou o momento de pór fin a esta situación e, a sabendas de que estas mulleres hoxe en día xa teñen tempo para si mesmas, o Concello ofrécelles a oportunidade de retomar as clases e contribuír á súa recuperación académica. Así, o programa arrancou esta mañá con doce alumnas.

María López explicou que o proxecto de recuperación académica e recoñecemento persoal e social Agora Si vai dirixido a todas as mulleres nadas antes e nos anos posteriores á Guerra Civil –entre o ano 1925 e 1951- e que apenas tiveron oportunidades para acceder á educación. Preténdese con el facilitarlles a volta á educación regrada, despois de que o momento histórico as privase dela. ¿Por que? Na Casa da Muller constatouse un grao de insatisfacción elevado neste campo por parte das mulleres nacidas entre o ano 1925 e o 1951 e que viña motivada por dúas razóns fundamentais: a propia pegagoxía da Ditadura e o factor social –o pouco interese que se amosaba pola educación das mulleres e sempre tiñan prioridade os coidados da casa e da familia…-.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*