Bonaval en Rol

Museo do Pobo GalegoUn novo xeito de achegamento ao Museo do Pobo Galego.

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego propón un novo xeito de achegamento ao Museo. Con esta premisa desenvolveuse a actividade Bonaval en Rol, dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

Trátase dunha partida de rol ao vivo coa que queremos achegalos, de forma participativa e lúdica, a conceptos como os mitos, as crenzas e a forma de vida na sociedade galega do XIX. Estes temas serán a guía para que eles, como protagonistas directos, vaian descubrindo os contidos do Museo.

Proposta de traballo previo nas escolas

Desde o DEAC enviaranse 30 fichas con personaxes representativas da sociedade tradicional galega, organizadas por familias e actividades, onde se lles darán unhas pautas sobre a súa vida e as súas características e sobre o rol que desenvolven dentro da partida. O obxectivo é que cada alumno e alumna poida escoller a súa personaxe e ir estudando as súas características. Enviarase, como reforzo, información das salas que servirán de contexto a partida para o mellor desenvolvemento das personaxes e das tramas.

A actividade repetirase seis veces durante o primeiro trimestre do 2011 e os centros interesados poderán escoller unha data dentro do calendario proposto: 26 de xaneiro, 9 e 23 de febreiro, 9 e 23 de marzo e 6 de abril. Cada partida terá a duración aproximada de dúas horas, de 11.00h a 13.00h.

Para a reserva da data hai que contactar co Departamento de Educación e Acción Cultural no 981 583 620.

Máis información: Bonaval en rol (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*