Cultura de Paz, a Paz como Cultura

Foro Mundial da Educación - Cultura de PazO Fórum Mundial de Educación – Foro 2010 Compostela, tinguiu o decembro santiagués de moitas boas ideas, reflexións, debate e intercambio de experiencias.

“De aí sairán as mensaxes de educación para a paz do século XXI”. Prognosticábao durante unha entrevista o ex director xeral da Unesco e presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, meses antes da apertura do Foro Mundial da Educación.

Pouco tempo despois, o propio Mayor Zaragoza tomaba parte neste evento na capital galega, participando entre outros na súa inauguración, chamando a non confundir educación con escola e cunha emotiva lembranza dun 10 de decembro de 62 anos antes, cando en 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobaba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Gertrude Mongella, presidenta do Parlamento Panafricano, subliñou nese mesmo acto o decisivo da transmisión dos valores da paz aos educadores, chamando a non esquecer que educador é non só p profesorado, senón tamén a familia, nais e pais.

E subliñaba o Foro Mundial da Educación:

“Só a Educación para a Paz pode producir cambios, porque só a Educación para a Paz ten a capacidade de formar cidadáns responsables. Cidadáns capaces de dirixir a súa propia vida. Cidadáns que aporten ao mundo o mellor de si mesmos”

O Seminario Galego de Educación para a Paz decidiu que o Premio Portapaz sexa este ano para o Voluntariado do Foro 2010.

Na bitácora do servizo de prensa do Foro 2010 poden atopar crónicas, resumos e informacións diversas de utilidade. Achegámoslles unha breve selección:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O Dereito dos Pobos á Paz | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*