Museo Pedagóxico de Galicia

Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGACentro de recuperación, estudo e difusión do patrimonio educativo galego.

  • Lugar: Santiago de Compostela (San Lázaro, n.º 107)
  • Horario: Martes a sábados, 10h00 a 14h00 e 16h00 a 20h00. Domingos, luns e festivos está pechado
  • Web: MUPEGA

O MUPEGA ten por finalidade promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia.

Os obxectivos declarados:

-Recuperación, conservación, estudo e mostra daquelas producións e bens patrimoniais de interese para a historia da educación e a memoria colectiva da Comunidade Galega.
– Especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas.
– Constitución dun centro documental e de recursos pedagóxicos que fornezan de instrumentos heurísticos e faciliten o estudo e a difusión da educación en Galicia na súa historia, actualidade e prospectiva.
– Realización de mostras educativas temporais e permanentes con fondos propios e alleos.
– Promoción de proxectos, publicacións e outras actividades para recuperar a memoria educativa de Galicia e dinamizar a súa realidade pedagóxica.

Parte dos seus contidos poden visualizarse no espazo web do MUPEGA na sección visita virtual

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*