A lingua transmítese xogando

Volve Axóuxeres. Dende esta fin de semana e ata o vindeiro 20 de marzo percorrerá doce vilas de Galicia.

Axóuxeres é un programa posto en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para favorecer o uso do galego na relacións dos máis cativos coas súas familias. A edición deste ano comezará esta última fin de semana de xaneiro e prolongarase ata o 20 de marzo.

Nestes case dous meses de xira a música, a palabra, o teatro e as cantigas tradicionais chegarán en forma de actividades lúdicas ás seguintes vilas do país Arteixo, Miño, Tui, Redondela, San Cibrao das Viñas, Muros, Vilalba, Verín, Foz, Vilagarcía de Arousa, Santa Comba e A Cañiza.

Dende Política Lingüística subliñan que o programa busca a complicidade dos pais e das nais para que siga viva a transmisión xeracional do idioma propio. Dende a Xunta lembran a boa resposta de público que tiveron as edicións anteriores, enfocadas principalmente ás sete cidades.

Podes consultar aquí todas as actividades previstas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*