Home » A fondo » 2011: lembranza de Lois Pereiro

2011: lembranza de Lois Pereiro

lois pereiro 220x300 2011: lembranza de Lois PereiroPeneiramos na rede recursos que sirvan de axuda na achega ao poeta. (Actualizado a 25 de abril)

A Real Academia Galega (RAG) decidiu desta volta homenaxear un autor de culto finado en tempo recente e a prol do cal se teñen pronunciado especialmente as novas fornadas literarias.

Nado en Monforte en 1958, só viu en vida dous traballos publicados: Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas, 1992) e Poesía última de amor e enfermidade (Edicións Positivas, 1995). En 1996 a morte levou así un autor que entraba en plena madurez literaria. Catorce anos despois, na mesma cidade na que finou, A Coruña, o pleno da Real Academia Galega decidiu homenaxear a súa obra dedicándolle o Día das Letras 2011.

No comunicado emitido pola RAG o verán pasado cando se anunciou a escolla, sinalábase que Lois Pereiro “cartagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coas tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario”.

Velaí unha ESCOLMA DE RECURSOS NA REDE SOBRE LOIS PEREIRO:

***** Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: novas@botons.eu

10 Responses to 2011: lembranza de Lois Pereiro

  1. xOsse dorrío

    Febreiro 14, 2011 at 8:05 pm

    Non están todos. Rosa Enríquez tamén fai referencia a Lois Pereiro: http://www.laregion.es/opinion/8711/ Non unha, senón en dúas ocasións no mesmo diario: http://www.laregion.es/opinion/8025/

  2. Redacción

    Febreiro 14, 2011 at 8:18 pm

    Graciñas Xosé,
    pasamos a incluír os dous artigos que nos comentas e de paso engadimos un aviso para completarmos a táboa de recursos entre todos. Moitas grazas e un saúdo!

  3. Pingback: Tweets that mention 2011: lembranza de Lois Pereiro | Botóns -- Topsy.com

  4. Pingback: 2011: lembranza de Lois Pereiro | Botóns – A bitácora

  5. Pingback: Lois Pereiro, novos recursos sobre o autor | Botóns

  6. Pingback: Día da Poesía | Botóns

  7. EDU

    Abril 12, 2011 at 8:44 am

    http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro/
    presentación para pizarra dixital en PREZI, un traballo de colaboración dos departamentos de galego e plástica do ies ás barxas

  8. EDU

    Abril 14, 2011 at 10:55 pm

  9. Xosé Manuel Pereiro

    Abril 25, 2011 at 6:36 pm

    Grazas mil pola iniciativa! Eu vou poñendo o que atopo no grupo de facebook de Lois http://www.facebook.com/group.php?gid=136726561965

  10. Xosé Manuel Pereiro

    Abril 25, 2011 at 6:38 pm

    E tamén hai material (videos, audios, novas) na súa web: http://loispereiro.blogaliza.org