Exposición do caricaturista e ilustrador Gogue

Gogue - Tributo a John LennonMostra de acceso libre na Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago.

Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago de Compostela.

Datas: 15 de febreiro até o 15 de marzo

Horario: De Luns a Venres desde as 8h30. ate as 21h; Sábados: de 9 a 14h30

Web: Biblioteca Ánxel Casal

Como colaborador diario do Faro de Vigo desde 1989, Gogué é autor de personaxes como Floreano, Cachiña ou Don Ramón. Nas próximas semanas exhibirá unha serie de caricaturas de personaxes cinematográficos. Será desde o 15 de febreiro ate o 15 de marzo no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Avda. Xoán XXIII, s/nº).

A súa visión particular de actores coma James Stewart, Paul Newman, John Wayne, Johnny Deep, Marilyn Monroe e moitos máis queda reflectida nas súas caricaturas que poderán ser contempladas desde as 8,30 h. ate as 21 h. de maneira gratuíta na Biblioteca Pública por nenos e maiores.

Gogue naceu no Grove en 1953 e é principalmente coñecido polas súas colaboracións no Faro de Vigo, malia que traballos seus teñen aparecido tamén noutras publicacións. Por exemplo, do seu prestixio nos Estados Unidos dá conta a invitación da Moorhead University (Minnesota) no ano
2005 para impartir unhas MasterClass sobre caricatura e creación de personaxes no mundo da
comunicación e a invitación anual dende o ano 1997 para participar no CARTOON AND COCKTAILS do Press National Club de Washington.

Algunhas das súas obras forman parte de varias publicacións americanas e británicas, moitas sobre
cine : a caricatura de Cathy Ann Hayes para a película “Unwanted Fat” , tres creacións incluídas na
páxina oficial da película TERMINATOR 3, unha caricatura dos Beatles no libro Beatles Art Books de Linda&Jeffrey Webb, outra incluída no libro Marilyn Art Biography de Roger Taylor, a capa portada para o libro “King of Swing” sobre a vida de Ryan Howard, lexendario xogador dos Phillies de Filadelfia, a portadas para a revista DINAMITE que se publica en Greenville- South Caroline-USA..

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*