Concurso de relato oral Tíralle da lingua

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) convoca a XI edición dun certame para promocionar o uso oral do galego entre escolares de Primaria, ESO e Bacharelato.

O prazo de inscrición remata o 14 de abril. A fase final terá lugar o 28 de abril en Santiago de Compostela

Bases do XI Concurso de relato oral Tíralle da lingua, convocado pola AS-PG

1. As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2. As historias contaranse en galego.
3. Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…).
4. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respectando o tempo máximo por actuación, que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderase participar cun máximo dunha historia.
5. O concurso ten tres categorías:
1) Primaria
2) 1.º Ciclo da ESO
3) 2.º Ciclo da ESO e ensino postobrigatorio

As bases completas na web da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*