A educación financeira en aulas e fogares

Portal formativo sobre cultura económica destinado a servir de soporte ás aulas da ESOPortal formativo destinado a servir de soporte ás aulas da ESO.

Coa economía ocupando as primeiras planas dos medios de comunicación con máis frecuencia do habitual, semella máis evidente que nunca a eiva formativa que en materia financeira existe na sociedade. Neste eido, o coñecemento dos resortes da economía non ten sido materia excesivamente traballada nin en aulas nin en fogares. A Comisión Europea e a OCDE teñen exposto recomendacións aos países membros para que as administracións adopten un papel activo no fomento da cultura financeira.

Na rede hai recursos didácticos diversos ao respecto desta materia. Un dos máis recentes é o portal Gepeese.com, un conxunto de materiais que á vez serve de apoio a un programa piloto de “Educación Financeira” apoiado polo Ministerio de Educación, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España. A nivel estatal, 2.600 alumnos de 3º da ESO seguen xa este programa. A web inclúe guías didácticas, glosarios e xogos interactivos. O obxectivo é que centros escolares que non forman parte do programa poidan manexar os mesmos materiais e tamén proporcionar ás familias a oportunidade de acceder a contidos que lles permitan achegar contidos de xeito didáctico e entretido aos cativos.

Novas vencelladas:
O informe PISA avaliará desde 2012 a educación financeira do alumnado

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*