Inicio » Lecturas » Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?

Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?

Agustín Fernández PazO escritor foi proposto candidato ao prestixioso Premio Andersen.

Na primavera de 2009 e poucos meses despois de ser galardoado a nivel estatal co Premio de Literatura Infantil e Xuvenil, a editorial Xerais promocionaba baixo este lema a un dos autores galegos máis lidos: “Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?”.

Con obra traducida a moitas linguas, desde o catalán ao árabe, pasando polo éuscaro ou o francés, Fernández Paz será desta volta candidato español ao Premio Andersen. Así o decidiu a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI). Outorgado pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil – International Board on Books for Young People (IBBY), o Premio Andersen recoñece cada dous anos a un autor ou autora, tanto a escritores como a ilustradores, pola súa contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil. Na Feira de Boloña de 2012 coñecerase se este ‘Nobel’ da literatura para os máis novos é finalmente para o autor galego. Fernández Paz é tamén o elixido para o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil Edicións SM

Unha oportunidade perfecta, xa que logo, para subliñar o pracer da lectura, para novos e maiores, da obra do autor chairego: Na web de Xerais poden consultar unha lista completa da obra de Agustín Fernández Paz.

Algúns recursos sobre o autor na rede:

5 Responses to Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?

  1. Alfredo Ferreiro Responder

    Marzo 2, 2011 at 00:21

    Recomendamos tamén os vídeos que tivemos a honra de gravarlle en 2008, onde debulla os seus referentes literarios: http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2008/10/23/parabens-para-agustin-fernandez-paz/

  2. Pingback: Agustín Fernández Paz, recoñecido co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil | Botóns

  3. Pingback: Finou Agustín Fernández Paz: unha luz nas noites máis longas | Letra en Obras

  4. Pingback: Finou Agustín Fernández Paz: unha luz para transitar as noites máis longas | Botóns

  5. Pingback: Finou Agustín Fernández Paz: unha luz para transitar as noites máis longas | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*