II Seminario-Obradoiro: “A avaliación dos materiais didácticos en soporte impreso e dixital”

Grupo de traballo 'Cavila', de Nova Escola GalegaO grupo de traballo ‘Cavila’, de Nova Escola Galega, organiza este evento canda ao Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC e a Asociación Galega de Editores.

Datas de celebración:
11 e 12 de marzo de 2011
Lugar de celebración:
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) – Santiago de Compostela
Prazo de inscrición:
Ata o 7 de marzo de 2011
Máis información na web de Nova Escola Galega: II Seminario-Obradoiro: “A avaliación dos materiais didácticos en soporte impreso e dixital”

Este seminario ten unha intencionalidade práctica, a de tratar de proporcionar ao profesorado criterios que lle axuden a seleccionar e avaliar os recursos educativos tanto en soporte impreso como dixital. A actividade ofrece ao profesorado propostas e modelos de avaliación para analizar e seleccionar os diferentes tipos de materiais (libros de texto, guías didácticas, Cds, Webs, videoxogos, etc).
As propostas de avaliación deste seminario estarán encamiñadas a analizar os distintos tipos de materiais didácticos dos que dispoñemos nos centros educativos dende un amplo abano de perspectivas e ámbitos. A avaliación dos materiais didácticos debe perseguir a selección e elaboración de materiais máis coherentes cun modelo e proxecto de escola.
Así mesmo, debe servir para axudar a levar a cabo un uso máis coherente e crítico dos materiais en relación cos proxectos educativos e curriculares de centro. A avaliación debe levar aos profesionais tamén a repensar o significado dos materiais didácticos nos diferentes momentos do curso escolar e a comprender cales son as consecuencias que se derivan na práctica do uso que se realice dos mesmos.

Obxectivos:
– Comprender a utilidade da avaliación dos materiais didácticos.
– Favorecer a toma de decisións arredor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo.
– Identificar as diferentes modalidades de guías e modelos de avaliación de recursos tanto en soporte impreso como en dixital.
– Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación, de utilidade práctica na toma de decisións, dos que poden dispoñer os profesores/as.
– Aprender a utilizar as propostas de avaliación de materiais con diferentes características (CDs, libros de texto, páxs webs, vídeos, DVDs..).
– Analizar colaborativamente os recursos didácticos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*