Descubrir o xornalismo: curso para a ESO

A xornalista Rosa María Calaf é madriña desta iniciativa da Universidad Rovira i VirgiliA xornalista Rosa María Calaf é madriña desta iniciativa da Universidad Rovira i Virgili.

Achegámosvos información dun proxecto gratuíto desenvolvido polo Departamento de Estudios de Comunicación da Universidad Rovira i Virgili de Tarragona e a Asociación cultural Kton. Baixo o título “Descobre o xornalismo con Rosa María Calaf”, trátase dun curso en liña sobre o periodismo destinado tanto ao alumnado do último ciclo de Primaria, como Secundaria, Bacharelato e universitarios.

“O cidadán debe saber da importancia de estar ben informado, que a información é un dereito tan importante como a educación e que, do mesmo xeito, é unha obriga informarse”, explica Rosa María Calaf. “Non deixar saber é un xeito de dominar a liberdade e a democracia auténtica só se pode defender desde o coñecemento, non desde a emoción”, engade.

Organizado en sete sesións a través de internet, o curso durará tres meses. A inscrición está aberta deica o 15 de marzo.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Semana da Prensa na Escola | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*