Inicio » Igualdade » A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e as mulleres

A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e as mulleres

Campaña Mundial pola Educación“A gran historia” convida a reunir un libro de contos escritos por alumnado, docentes e persoeiros diversos a prol dos obxectivos da Campaña Mundial pola Educación. Tamén fornece de materiais didácticos diversos.

A actividade central da Campaña Mundial pola Educación en 2011 foi bautizada ‘A Gran Historia’. A meta é elaborar un gran libro de contos escritos por alumnas, alumnos, docentes e persoeiros destacados do mundo da interpretación onde se reflicta como o acceso á educación, ou a falta desta, poden marcar a vida das mulleres e as nenas. O lema: “A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e as mulleres”. Búscase así mobilizar a milleiros de persoas en todo o mundo para lembrarlle aos líderes políticos as dificultades de millóns de nenas para acceder a unha educación de calidade e pedir que cumpran co compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade o obxectivo dunha “Educación para Todos e Todas” en 2015.

Campaña Mundial pola Educación

A educación é un dereito fundamental, e é imprescindible para romper o círculo da pobreza. Pero na actualidade hai 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar e 775 millóns de persoas adultas non teñen competencias básicas de lectura.

A Campaña Mundial pola Educación (Global Campaing for Education) é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do ámbito educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo. Todos nós coincidimos en reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos da “Cimeira de Dakar” do ano 2000, onde a comunidade internacional se comprometeu a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas antes do ano 2015.

A Campaña Mundial pola Educación naceu para que este compromiso internacional, valioso e necesario, non pasase desapercibido. Por iso, o seu obxectivo é mobilizar á cidadanía para que esixan aos seus gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas e se responsabilicen do destino de millóns de persoas aos que se exclúe do dereito á educación.
A Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación está formada por Axuda en Acción, Educación Sin Fronteras e Entreculturas, quen asume a coordinación desta. Na Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación colaboran coa mesma fin un conxunto de colectivos e institucións diversas.

Materiais didácticos
Na web oficial da campaña poden descargarse materiais didácticos de axuda diversos sobre educación e igualdade, tamén accesibles en lingua galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*