Aulas hospitalarias, déficits na FP, custodia compartida

Peneira de titulares en prensa.

Dispoñen de 54 equipos informáticos para 48 alumnos, dos seus menús (teñen un para primavera-verán e outro para outono-inverno) elimináronse as graxas e as frituras e os seus alumnos entran en clase a ritmo de música clásica, étnica ou galega e abandonan o colexio cos temas máis actuais das radiofórmulas. É o CEIP de Ritorto (Lugo), un colexio pequeno, con nove profesores, onde a imaxinación chegou da man do seu mozo director, Oscar Díaz Queizán. En El País: Steve Jobs estuda en Riotorto

Actualmente, Galicia conta con oito aulas hospitalarias repartidas por centros educativos das catro provincias: o materno infantil Teresa Herrera da Coruña, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus), o Psiquiátrico de Conxo, o Arquitecto Marcide de Ferrol, o hospital Xeral Cíes de Vigo, o Provincial de Pontevedra, o Cristal Piñor de Ourense e o Lucus Augusti (…). En El Progreso: Centos de nenos galegos acoden ás aulas hospitalarias para non perder o ritmo

Non é nada habitual, polo menos no sur lucense, que o local social dunha parroquia sirva de escenario para un concerto de música clásica (…). En La Voz de Galicia: A música clásica tamén chega ás parroquias

Os ciclos de Formación Profesional gañan alumnado de xeito imparable e en Vigo poderían facelo a un maior ritmo se a Xunta ampliase as cotas máximas de estudantado no ensino público e habilitase máis profesorado. A matrícula en cursos de grao medio e superior creceu este ano en Vigo un 9,7% con respecto ao exercicio 2009-2010, pero as direccións dos institutos públicos aseguran que deixaron decenas de peticións sen atender (…). No Faro de Vigo: Os centros públicos de FP rexeitan ducias de alumnos por falta de prazas e profesorado

Fixérono o xoves a primeira hora da tarde para plantar varias árbores de especies autóctonas nunha parcela de monte que o Concello de Vedra lles cedeu a uns douscentos metros do centro educativo, no que comparten espazo estudantes dos ciclos de infantil, primaria e ESO (…). En La Voz de Galicia: Os nenos de Vedra gozan coa repoboación do seu monte

Asociación Custodia Compartida (…) Na súa reunión, instaron a Xunta a axilizar a elaboración da lei sobre custodia compartida (en Galicia existe capacidade para lexislar en materia de familia), seguindo exemplos como o de Aragón (…). En La Voz de Galicia: A custodia compartida podería ser en breve a opción en Galicia

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*