Banco de actividades para a normalización no ensino en Pontevedra

Banco de actividades para a normalización no ensino en PontevedraEspazo web presentado nas primeiras Xornadas dos ENDL do municipio pontevedrés.

Actividades partindo da castaña que rematan cun gran magosto no patio escolar participando todo o colexio en xogos tradicionais, no CEIP Manuel Vidal Portela. Certame literario de cartas de amor, no IES Montecelo. Inventario das árbores do centro,cunha ficha con foto e datos ademais de carteis resumo que se colocarán en cada árbore, no CEIP Cabanas…

Son exemplo de iniciativas clasificadas dentro do Banco de actividades para a normalización no ensino en Pontevedra (BANEP). A peneira foi presentada esta semana dentro das primeiras Xornadas dos Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Un xeito de dar a coñecer os proxectos postos en marcha en cada centro, compartir experiencias e recoller ideas cara ao futuro.

Forman parte da exposición os seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela | CEIP de Villaverde | IES Montecelo | IES Sánchez Cantón | Colexio Nuestra Señora de los Dolores | IES Luís Seoane | IES Valle Inclán | CEIP A Carballeira | CEIP Cabanas | CEIP Parada-Campañó | Colexio Calasancio | EEI Concepción Crespo Rivas | EEI Fina Casalderrey | CEIP Santo André de Xeve | CEIP Campolongo | CEIP Froebel | CEIP A Xunqueira 1 | CEIP A Xunqueira 2 | Colexio San José | IES Torrente Ballester | IES A Xunqueira 2 | CEIP Praza de Barcelos | CEIP de Marcón | IES A Xunqueira 1 | Colexio Sagrado Corazón | EEI da Meán

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*