Oito de cada dez pais pediron o permiso de paternidade desde a entrada en vigor da nova lei

Datos feitos públicos polo Instituto da Muller desde a entrada en vigor da Lei de Igualdade en 2007Datos feitos públicos polo Instituto da Muller desde a entrada en vigor da Lei de Igualdade en 2007.

Os traballadores por conta allea incluídos no Estatuto de Traballadores terán dereito á suspensión do contrato durante trece días ininterrompidos, ampliables en dous días máis por cada fillo a partir do segundo no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiple, podendo gozar dita suspensión en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50%, previo acordo entre o empresario e o traballador, e conforme se determine regulamentariamente.

Polo que respecta aos traballadores por conta propia dos Réximes Especiais da Seguridade Social, os períodos serán coincidentes, tanto no relativo á súa duración como á súa distribución, cos períodos de descanso laboral establecidos para os traballadores por conta allea, aínda que o goce en réxime de xornada parcial está pendente do correspondente desenvolvemento regulamentario.

Segundo a estatística manexada polo Instituto da Muller, o 80% dos novos pais solicitou o permiso de paternidade desde que entrou en vigor a nova Lei de Igualdade, no ano 2007. A directora do Instituto da Muller, Laura Seara, tamén subliñou recentemente que neste tempo incrementouse o número de empresas que deseñan plans de conciliación da vida laboral e familiar. Seara salientou que isto aconteceu non só entre as que están obrigadas por lei, aquelas con máis de 250 empregados, senón entre as propias pemes de menos de medio cento de traballadores.

Podedes ampliar información na web específica da Seguridade Social sobre este asunto ou tamén no espazo Permisodepaternidad.com. Na web da Seguridade Social tamén está toda a información respecto de subsidios e prestacións por maternidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*