Lipdub para o repaso da Clasificación Decimal Universal

O Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES Fontem Albei, na Fonsagrada, argallou un simpático vídeo musical.

Un libro esquecido enriba dun contedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. Un vídeo que axuda a repasar ao tempo a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores.

Recomendámoslles visitar a bitácora Afonsa Le e Conta, da biblioteca do IES Fontem Albei.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*