Elevados niveis de nicotina en bebés con pais fumadores

Elevados niveis de nicotina en bebés con pais fumadoresVentilar as habitacións ou fumar fóra do cuarto dos cativos non abonda para protexelos.

O tabaquismo pasivo é a primeira causa evitable de morte nos países desenvolvidos durante a infancia. Así de contundente o subliñan os investigadores que asinan un recente informe sobre o tema publicado na revista BMC Public Health. Ata o triplo de nicotina foi rexistrado en cativos que conviven con pais ou nais fumadores, segundo o informe coordinado desde o Departamento de Saúde da Generalitat de Cataluña.

Para chegar a esta conclusión, os científicos peneiraron os datos de máis dun milleiro de bebés de menos de ano e medio cun proxenitor, ou os dous, fumador. Analizaron mostras de cabelo de 250 cativos para determinar niveis de nicotina e fixeron varias visitas de seguimento aos fogares. Os datos reflicten a vulnerabilidade dos menores e indican que as partículas nocivas do tabaco que impregnan pel, roupa ou cabelos das nais e pais fumadores acaban pasando aos cativos.

Tamén en Botóns: Tabaco, a mellor prevención: o exemplo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*