Encontro do audiovisual escolar galego

evento para a dinamización do audiovisual nas aulas
evento para a dinamización do audiovisual nas aulas
Desde o IES de Porto do Son traballan na organización deste evento para a dinamización do audiovisual nas aulas.

O Encontro do audiovisual escolar galego consta de catro partes:

  • Exhibición e presentación de actividades.
  • Entrega do Premio Leixaprén a Manolo González (Flocos, Cinemas Dixitais… ver Premio Leixaprén neste blog).
  • Talleres, charlas, conferencias, encontros dos rapaces con profesionais dos medios audiovisuais.
  • Asemblea de docentes que traballamos no audiovisual para sentar as bases dunha asociación, ou proxecto común (o que decidamos)

O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán os obradoiros formativos e o foro dos docentes.

PROGRAMA

  • 10.00h recepción de participantes na Casa de Cultura de Porto do Son
  • 10.30h presentación da xornada e proxección de traballos audiovisuais
  • 13.00h entrega do Premio Leixaprén a Manuel González Álvarez.
  • 13.20h representación da obra Made in Galiza (Grupo de Teatro do IES de Porto do Son)
  • 14.00h xantar
  • 16.00h primeira quenda de obradoiros e foro de docentes
  • 17.30h pausa-merenda
  • 18.00h segunda quenda de obradoiros
  • 20.00h entrega de agasallo conmemorativo, clausura do encontro e despedida dos participantes

O Encontro do Audiovisual Escolar Galego SonCine concíbese como unha plataforma que contribúa e dinamice de cara ao futuro a tensión creativa que numerosos centros de ensino de toda Galicia desenvolveron ao longo dos últimos cursos. O potenciamento da linguaxe audiovisual, ademais de complementar o proceso de alfabetización no uso dos novos media entre o alumnado e de axudar a formar os cidadáns e cidadás futuros, ciméntase, ademais, sobre a realidade viva da lingua galega no sistema educativo, pois é o galego o idioma habitual de expresión destes traballos escolares.

Organiza o IES DE PORTO DO SON: Departamentos de Lingua Galega, Biblioteca, Normalización e SonCine (Aula de Audiovisuias -materia optativa do IES- en 3º ESO)

Toda a información na bitácora SonCine

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*