‘Nenos superdotados’, de Amparo Cereceda Extremiana

Presentan, ademais da súa alta capacidade intelectual e de comunicación, unha gran creatividade, polo que adoitan ser orixinais e flexiblesOs nenos superdotados pensan e senten de forma distinta aos demais. Xa dende moi pequenos saben como manter a atención dos adultos e distinguir entre o ben e o mal. Presentan, ademais da súa alta capacidade intelectual e de comunicación, unha gran creatividade, polo que adoitan ser orixinais e flexibles. Posúen unha exquisita sensibilidade, son competitivos e independentes, así como moi tenaces e voluntariosos para superar os obstáculos.

Estes nenos requiren estar inmersos nun ambiente rico e estimulante a todos os niveis tanto social, coma escolar, cultural e familiar. Cando o superdotado non é recoñecido como tal e non se encontra nun ambiente no que se lle permita despregar todo o seu extraordinario potencial, pode presentar problemas de fracaso escolar e illamento social e intelectual, entre outros. Ademais, o fenómeno da superdotación continúa estando enchido de mitos e estereotipos, o que provoca tanto nos pais coma nos profesionais moitas dúbidas respecto a como actuar con estes nenos.

Esta obra, eminentemente divulgativa e práctica, presenta numerosas suxestións e pautas de actuación tanto para pais coma para profesores. Está escrita cunha linguaxe didáctica e clara co obxectivo de ser unha guía de orientación que permita obter un coñecemento claro e obxectivo da superdotación. Nela expóñense os procedementos de identificación e intervención psicoeducativa máis aconsellables para as características propias dos nenos superdotados, así como as dificultades que poden derivar delas e a importancia da familia e da escola no seu desenvolvemento.

Edita: Ediciones Pirámide
Colección: Ojos Solares
Nº de páxinas: 296
Prezo con IVA: 16,50
Ano de publicación: 2010

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*