“Por que o preguntas?”

Campaña da Coordinadora Galega de EDNLCampaña da Coordinadora Galega de ENDL para traballarmos as actitudes lingüísticas.

“Por que hablas gallego?” Os galegofalantes teñen que escoitar habitualmente preguntas deste tipo, preguntas que revelan os prexuízos lingüísticos que aínda perviven, e mesmo se reforzan e “actualizan”, na nosa sociedade. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización. Diante desta realidade, a Coordinadora Galega de ENDL pon en marcha un espazo na rede para lle dar forma a unha iniciativa de longo alcance que procura o contributo de todas e todos nós:

Actitudes lingüísticas

O espazo compila xa recursos e experiencias arredor desta temática. Para enriquecer a proposta, chaman a toda a comunidade educativa a facerlles chegar todos aqueles materiais elaborados nos propios centros.

Neste primeiro momento lanzamos unha campaña para provocar a reflexión sobre un dos prexuízos máis presentes cara á nosa lingua, o que se recolle no adhesivo que elaborou o debuxante Fran Bueno, que vos enviamos como anexo neste correo.

Na web hai tamén un formulario de pedimentos do adhesivo especial que para esta campaña elaborou o debuxante Fran Bueno. Débese cumprimentar o formulario que hai na páxina e ao remate do prazo, fixado para o venres 29 de abril, os paquetes serán enviados aos centros.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*