Pressing Catch: Unidade didáctica

Pressing Catch: Unidade didácticaO colectivo teatral Berrobambán achega unha serie de interesantes materiais que complementan a obra Pressing Catch, asinada por Paula Carballeira.

Actividades e contidos que, explican desde Berrobambán, pretenden abrir posibilidades e vías de reflexión sobre o tema da violencia, que constitúe un dos núcleos temáticos esenciais da obra.

Algunhas actividades están pensadas para esclarecer as ideas previas e clarificar conceptos. Os contidos explicativos procuran ampliar informacións sobre o tema, case sempre ofrecendo puntos de vista diverxentes que favorezan os conflitos cognitivos e a partir deles o desenvolvemento de debates.

En xeral, trátase case sempre de actividades xenéricas que poden ser facilmente adaptadas aos distintos niveis dos grupos, aínda que pensando prioritariamente no bacharelato e último curso da ESO.

A unidade didáctica comprende os seguintes contidos:

USOS E ABUSOS DA VIOLENCIA NA SOCIEDADE ACTUAL

1. Reflexión sobre a obra.
2. Sobre a autora.
3. Sobre os contidos didácticos.
4. Coloquio Pressing Catch.
5. Violencia e deporte.
6. Os Xogos Olímpicos.
7. Sobre a violencia.
8. Somos violentos por natureza?
9. Aprendendo a ser violentos: cultura, medios de comunicación e violencia.
10. O doce atractivo da violencia

A unidade didáctica de Pressing Catch pode descargarse desde esta ligazón na web oficial de Berrobambán

Algunhas datas próximas para a obra:

09/04/2011 ás 20.30 h
Forum Metropolitano . A Coruña

10/04/2011 ás 19.00 h
Forum Metropolitano . A Coruña

21/05/2011 ás 20.00 h
Pazo da Cultura . Narón

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*