Cando menos, trinta minutos de actividade física cada día

Cando menos, trinta minutos de actividade física cada díaDía Mundial da Actividade Física.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) convoca desde o ano 2002 os seus estados membros a celebraren anualmente o que bautizaron como día “Move for health” (= “Pola túa saúde, móvete”). O obxectivo é “promover a actividade física como elemento fundamental de saúde e benestar”.

A mensaxe desta volta: “Cando menos, 30 minutos de actividade física moderada cada día”. A iniciativa da OMS xorde en realidade dun proxecto nacido en Brasil, promovido polo colectivo Agita São Paulo e a rede Agita Mundo, que foi capaz de convocar millóns de participantes en milleiros de eventos cada ano baixo esta arela.

Nova relacionada: Proposta de actividades na Semana Mundial da Actividade Física

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*