O Pacto Galego pola Infancia, a proposta de UNICEF, rubricado polos tres grupos parlamentarios

Sinatura do Pacto Galego pola InfanciaOs portavoces dos tres grupos parlamentarios da Cámara galega –Pedro Puy Fraga (PPdeG), Abel Losada Álvarez (PSdeG-PSOE) e Carlos Aymerich Cano (BNG)- asinaron o pasado 4 de abril, nun acto presidido pola titular do Parlamento, Pilar Rojo, o denominado Pacto Galego pola Infancia, promovido por Unicef, cuxo presidente en Galicia, Manuel Sández Macho, estivo presente e deu lectura ao documento.

Durante o acto, a presidenta do Parlamento insistiu en que “todo o que fagamos” polos nenos e as nenas “será insuficiente”.

“Protexelos, procurarlles a mellor educación, velar pola súa saúde e crear as condicións idóneas para o seu mellor desenvolvemento físico e psicolóxico é un deber inexcusable para as familias, para o conxunto da sociedade e, por suposto, para os poderes públicos”, apuntou a presidenta do lexislativo galego referíndose á infancia.

Na web da Cámara pode lerse o texto completo do Pacto Galego pola Infancia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*