Peche do único módulo de nais en Galicia

Chicas10 comenta o peche do módulo para nais en TeixeiroInstitucións Penitenciarias trasladará as reclusas e seus fillos a instalacións fóra de prisión. Así e todo, ningún destes novos aloxamentos está en Galicia.

Palma de Mallorca, Sevilla e Madrid son os lugares a onde serán trasladadas as 17 nais que, con fillos menores de tres anos, cumprían condena no centro penitenciario de Teixeiro, o único en Galicia onde hai un módulo para nais. As nais tamén poden optar a permanecer neste cárcere, mais nese caso deberán cederlle os menores a algún familiar. Só existen tres destas novas instalacións que Institucións Penitenciarias deseñou para estes casos nas cidades antes mencionadas, estando en proxecto varias máis, entre elas unha en León.

Falan do caso na bitácora Chicass10, mantida desde o cárcere de Teixeiro: Péchase un círculo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*