Peneira de titulares en prensa.
Outras informacións de interese na prensa xeralista:
- En Xornal: O uniforme ábrese paso nos centros públicos de Galicia e Cataluña: A Lei de Convivencia da Xunta segue os pasos da Comunidade de Madrid ao tomar como obrigatoria a decisión que o consello tome sobre este asunto
- En El Correo Gallego: Os pais de Os Tilos mercan un váter logo de catro anos de espera: Desde 2008 envían escritos a Educación pedindo a mellora das instalacións do colexio. Na escola unitaria de Moreira a man de obra ‘paterna’ fixo posible que os nenos teñan areeiro
- En El Pais: Máis de tres milleiros de alumnos pasaron polas “aulas de castigo” que creou Educación: A medida púxose en marcha o curso pasado para apartar escolares problemáticos
- Atlántico: Menela estrea a primeira aula multisensorial para autistas: A Fundación Menela inaugurou unha aula de estimulación multisensorial para persoas con trastornos do espectro do autismo e outras discapacidades, que está situada no seu edificio da Zona Vella, que se adquiriu grazas a un proxecto europeo e está dedicado a aulas de formación, salón de actos e vivendas tuteladas
- En El Correo Gallego: Ruptura de parella, non de familia: Expertos en psicoloxía axudan a que os fillos sufran o menos posible unha separación//Problemas de autoestima, tensión, depresión ou fracaso escolar, síntomas máis frecuentes//Erros paternos comúns: facer comentarios negativos do outro ou interferir nas visitas
- En Faro de Vigo: A Xunta cavila tratar por lei como retornados os fillos e netos de emigrantes