“El camino de Olaj”, de Martín León-Barreto, Premio Internacional de Álbums Ilustrados

"El camino de Olaj", de Martín León-Barreto, Premio Internacional de Álbums IlustradosO ilustrador de Guadalajara gañou a cuarta edición do galardón organizado polo Concello de Santiago.

O xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Guadalajara) coma o gañador desta edición. ‘El camino de Olaj’ sucede como álbum triunfador a ‘Cerca’, da arxentina Natalia Colombo (2008); ‘Un gran soño’, do mexicano Felipe Ugalde (2009) e a ‘A familia C’, de Mariona Cabassa e Pep Bruno (2010). O IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados ten unha dotación de 12.000 euros en concepto de adianto de dereitos de autor e comporta tamén a publicación do libro en castelán, galego, catalán éuscaro e portugués.

O xurado estaba formado pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón; o prestixioso ilustrador italiano Roberto Innocenti; o escritor Federico Martin, a escritora e actriz galega Paula Carballeira; Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka; o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella; e Beatriz Varela, como secretaria técnica.

Nesta cuarta edición do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XI Campaña de Animación á Lectura, participaron 375 traballos. Nesta edición resultou finalista o traballo presentado por Moisés Yagües Fernández, de Molina de Segura (Murcia), co título ‘Al otro lado’. O xurado tamén outorgou unha mención especial ao álbum de Arianna Papini (Florencia, Italia) co título ‘¿Quién querrías ser?’.

Foron 375 traballos os que se presentaron nesta cuarta entrega do certame, sumando así máis de 1.274 traballos nas catro edicións do Premio. Os álbums presentados a esta convocatoria procedían de países como Alemaña, Suecia, Italia, Gran Bretaña, Francia, Suíza, Portugal, Serbia, Hungría, Rusia, Romanía, Holanda, Dinamarca ou España. Tamén de países americanos como Arxentina, Chile, Brasil, Ecuador, El Salvador, USA, México, Colombia, Uruguai ou Perú. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presidiu o fallo do xurado e destacou precisamente que se trata dunha convocatoria “moi potente”, polo elevado número de orixinais enviados dende países tan diversos. Os membros do xurado resaltaron a progresión continua do certame nas súas primeiras catro edicións. Tamén se mostraron abraiados pola cantidade de obras recibidas e satisfeitos polos acordos adoptados por unanimidade.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a V Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*