Circo dos Horrores

Circo dos HorroresActividade para o público xuvenil que terá lugar en Vigo entre o 14 e o 24 de abril.

Estará instalado en Samil do 14 ao 24 de abril. Todos os días ás 19 e 22 horas, agás os domingos, que as funcións serán ás 17 e ás 20 horas.

Enfocado para un público entre 16 e 40 anos, din os seus creadores que teñen gozado do espectáculo desde familias con nenos de 10 ou 12 anos até persoas maiores de 60.

O director do circo e un dos seus protagonistas, Suso Silva, explicou que a fusión entre teatro, circo e cabaré vén dada porque hai un “fío teatral condutor definido” que desenvolve un “show noctámbulo cunha posta en escena e personaxes impactantes”. Engadiu ademais que utilizan técnicas de circo”para contar as historias e destacou que é “moi, moi divertido, pero non violento nin agresivo”. Segundo explicou, o comentario que fixo unha muller ao rematar o espectáculo resume perfectamente o que é: “Nunca rin tanto pasando tanto medo”. Entre os número que inclúe o espectáculo citou un de contorsionismo executado por dúas artistas de Mongolia e outro que integra acrobacias e vudú de Kenia.

A iniciativa foi presentada recentemente polo concelleiro de Cultura no Concello de Vigo, Xesus López, quen destacou esa mestura de “teatro, cabaré e circo”. Xesus López explicou que o circo ten vivido “fondas transformacións” dende os seus inicios ata a actualidade, no que se concibe como un “espectáculo global cunha complexa posta en escena e un fío condutor”. Salientou que o Circo dos Horrores, dentro desta concepción, é un “novo concepto de circo cargado de orixinalidade” que recrea un cemiterio gótico abandonado e no que Nosferatu da a benvida.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*