Feixe de medallas do equipo galego no Spainskills 2011

Feixe de medallas do equipo galego no Spainskills 2011 / Imaxe: IES As MariñasOs estudantes galegos de Formación Profesional participantes neste campionato apañaron 11 premios.

A delegación galega neste evento tomou parte en 20 das 32 áreas desta competición. O Spainskills 2011 comprendía até 32 familias de FP e reuniu alumnado de todas as comunidades autónomas.

A colleita galega: dúas medallas de ouro, catro de prata e otras catro de bronce e unha no apartado de demostración. A galega foi unha significativa representación nestas ‘Olimpíadas da Formación Profesional’, creadas xustamente para prestixiar e relanzar a proxección social das áreas formativas que abrangue a Formación Profesional (FP). A través de diferentes probas, o Spainskills avalía o nivel de competencias e habilidades adquiridas polos estudantes.

Previamente, celebrárase desta volta a primeira edición das Olimpíadas de FP de Galicia, GaliciaSkills. Agora, os premiados acudirán ás Olimpiadas mundiales da Formación Profesional que este ano se celebrarán en Londrés (Worldskills 2011). O evento é promovido pola organización internacional WorldSkills, cuxo obxectivo é a promoción das competencias profesionais no marco da Formación Profesional a nivel mundial. Na actualidade ten 52 países asociados.

Así, por exemplo, despois de catro días de competición, Jesús Manuel Fuentes Verdía e Mario Barreiro Iglesias, titorizados polo profesor Manuel Fuentes Rebón, todos eles do IES As Mariñas, lograron a medalla de ouro no campionato Spainskill 2011, no apartado de Vehículo industrial.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*