‘Villa Triste’, unha foto con premio

'Villa Triste', fotografía de Lucía Rodríguez (IES Xograr Afonso Gómez)
'Villa Triste', fotografía de Lucía Rodríguez (IES Xograr Afonso Gómez)
Lucía Rodríguez, alumna da ESO no IES Xograr Afonso Gómez, en Sarria, galardoada no certame internacional de foto da comunidade Franc-Parler.

O portal da comunidade mundial de profesorado de francés, Franc-Parler, organizou un certame de fotografía para alumnado de francés de todo o mundo. A convocatoria propoñía realizar fotografías de vivendas próximas, no contorno onde vive cada un dos rapaces, adxuntando canda elas unha descrición da zona e unha galería de imaxes.

Tal e como recolle a bitácora da biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez, a estudante Lucía Rodríguez, que cursa 4º da ESO neste centro, gañou o terceiro premmio do certame fotográfico coa súa estampa titulada “Villa Triste”. En primeiro lugar quedou a imaxe chegada de Palestina, obra de Nour Samara, co título ‘C’était une maison’. O segundo posto foi para a fotografía feita por dúas alumnas dun instituto de Vilareal co título ‘Maison métaphore’.

Velaquí podedes ver os gañadores do concurso de Franc-Parler.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*