Concursos escolares “Alfredo García Alén”, “López-Suárez Castillejo” e “Emilia Estévez Villaverde”

Museo Provincial de PontevedraOs premios destes certames organizados polo Museo Provincial de Pontevedra serán entregados durante a vindeira Semana das Letras.

Ata o 30 de abril permanece aberta a convocatoria aos centros escolares para os concursos “Alfredo García Alén”, “López-Suárez Castillejo” e “Emilia Estévez Villaverde”, que convoca o Museo Provincial de Pontevedra.

Segundo recollen as bases, os traballos serán redactados preferentemente en galego e ilustrados con fotografías, planos ou debuxos. Nos “Alfredo García Alén”, que foi secretario e director adxunto do Museo, poderán participar os alumnos de Ensinanza Primaria e de ESO que durante o presente curso tiveran visitado as dependencias do Museo, integrados en equipos de entre 5 e 10 membros dirixidos por un profesor.

Os traballos poderán versar sobre calquera dos temas vistos durante a visita, tratando, dentro do posible, de relacionalos co seu municipio ou coa zona de influencia do centro escolar do que proceden.

Nos “López Suárez –Castillejo”, en memoria deste matrimonio benfeitor do Museo, os traballos estarán orientados a estudar calquera dos aspectos físicos ou naturais (ríos, montes, fontes, plantas, árbores, animais domésticos ou salvajes…) presentes no municipio, na parroquia ou na área de influencia do centro escolar. Coincidindo co ANo Internacional dos Bosques, recoméndase que o tema sexan os montes (toponimia, orografía, propiedade, aproveitamento, etc.

Por lo que respecta ós “Emilia Estévez Villaverde”, en recordo desta escritora ponteareá, teñen a finalidade de espertar nos escolares o interese polo cultivo da escritura, e poderán participar os alumnos de Primaria de Galicia e das escolas da emigración de maneira individual. Poderán concorrer cun conto ou cunha composición poética, de tema libre ou preferentemente que teñan como protagonistas ás árbores e os montes, así como ós animais que os habitan, e as solucións propostas para frear o seu deterioro. A extensión non pode exceder de seis folios nas narracións e de dous nas composicións poéticas, en ambos casos por unha sola cara.

Máis información no apartado de concursos escolares do Museo Provincial de Pontevedra.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*