A falta de compromiso contra a malaria cústalle a vida cada ano a máis de 700 mil nenos cativos menores de cinco anos

A malaria causa en África o 20% das mortes infantís, acabando coa vida dun neno cada 30 segundosEn África esta enfermidade causa o 20% das mortes infantís, acabando coa vida dun neno cada 30 segundos.

O colectivo Save the Children pide aos gobernos un incremento drástico dos fondos dedicados a construír sistemas sanitarios sólidos e a proporcionar tratamentos para as enfermidades que máis mortes infantís provocan para cumprir a súa promesa de reducir a mortalidade infantil en dous terzos para 2015. “?Todos contamos para pedir aos Gobernos que cumpran o compromiso de reducir a mortalidade infantil”,? afirma Alberto Soteres, director de Save the Children.

O 85% das mortes producidas pola malaria corresponden a nenos e nenas menores de cinco anos.

Case 9 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos perden a vida cada ano no mundo, a maior parte por causas ou enfermidades tratables ou que se poden previr. A malaria é a terceira enfermidade que máis mortes de nenos e nenas menores de cinco anos causa no mundo, por detrás da pneumonía e a diarrea, acabando coa vida de máis de 700 mil nenos e nenas. De feito, o 85% das mortes producidas pola malaria corresponden a nenos e nenas menores de cinco anos.

Aínda que as rexións de Asia, Latinoamérica e Oriente Medio tamén ven afectadas por esta enfermidade é en África onde ten o seu maior impacto. No continente africano prodúcense o 91% das mortes de nenos e adultos por malaria. Esta enfermidade é a causa do 20% de todas as mortes infantís no continente africano, acabando coa vida dun neno cada 30 segundos.

No ano 2000 os gobernos do mundo comprometéronse a reducir en dous terzos a taxa de mortalidade infantil en menores de cinco anos para 2015, fixándoo como o Cuarto Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio. A loita contra a malaria é crítica para alcanzar este obxectivo. Con todo, se segue a tendencia actual, non se alcanzará esa meta até 2045 e millóns de nenos perderían a vida por causas tratables e que se poderían previr.

A campaña de Save the Children “?Todos Contamos para salvar vidas” persegue reducir a mortalidade infantil de nenos e nenas menores de cinco anos e ten na loita contra a malaria e as enfermidades que máis mortes infantís causan unha das súas principais áreas de acción. “?Existen solucións de baixo custo para reducir a mortalidade infantil e loitar contra a malaria e outras enfermidades como a pneumonía, a diarrea, o sarampión ou o VIH/SIDA que son as que máis mortes infantís causan”? explica Soteres, “unha mosquiteira tratada con insecticida para previr as picaduras de mosquitos que transmiten a malaria custa 7,00 euros (3,50 adquirir a mosquitera e 3,50 distribuíla), os sales de rehidratación oral para combater a diarrea tan só 50 céntimos de euro e unha vacina contra o sarampelo 15 céntimos de euro”?.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*