‘Con A de Astrónomas’

Exposición sobre astronomía: "Con 'A' de astrónomas"Exposición didáctica sobre astronomía deseñada por nove astrónomas de distintos centros de investigación.

Data: 26 de abril de 2011 – 18 de maio de 2011
Lugar: CSC Fontiñas. Rúa Berlín, 13. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 528 750

Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina Ling, da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición xunto á astrónoma Eulalia Pérez Sedeño. Tanto Ling como Sedeño foron dúas das científicas encargadas de seleccionar os contidos dos 13 paneis que a conforman, 9 dedicados a conceptos astronómicos, dous á contextualización histórica e a amosar a relación entre astronomía e cultura, un recompilatorio cos nomes de 116 astrónomas españolas, e un último de presentación.

Esta é unha historia que empeza hai miles de anos, quizais centos de miles, cando as nosas antepasadas, con “a”, miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais fitos da astrofísica onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do Universo, ou a medida das distancias estelares pasearán ante os nosos ollos explicadas dun xeito divulgativo e ameno.

A exposición comezou a viaxar diversos recintos expositivos xa no Ano Internacional da Astronomía, en 2009. Na web conmemorativa, operativa na rede, poden descargarse diversos materiais sobre astronomía: entre eles o contido dos propios paneis que a integran e diversos cadernos didácticos que a acompañan. Todos os materiais están dispoñíbeis ademais en galego. Entre outros, fichas sobre: Saturno, Lentes gravitacionais, Lei de Hubble, Radiotelescopios, O Sol, A Esfera Celeste ou Gravitación.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Máis de medio século de exploración espacial: algúns recursos para as aulas | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*