A Biblioteca Ánxel Casal inicia o préstamo de e-readers e e-books

e-readerO centro compostelán brinca un chanzo máis no uso das novas tecnoloxías.

Préstamo en sala
-Xestionarase por ordenador e ademais será preciso cumprimentar un acta escrita. Reterase o carné da Biblioteca mentres dure o préstamo do e-reader.

-A duración do préstamo é de 1 día como máximo. Debe devolverse no mesmo mostrador onde se prestou 1 hora antes do peche da Biblioteca. De facelo despois desa hora (despois das 20:00 h de luns a venres ou despois das 13:00 h os sábados) será sancionado con 1 día sen poder usar o servizo de préstamo en sala ou a domicilio de ningún material da biblioteca.

-Os e-readers préstanse cargados cun total de 640 títulos (520 en español, 41 en inglés, 28 en francés, 30 en italiano e 21 en alemán), cunha funda e o cable USB para trasferencia de datos e carga da batería do dispositivo.

Préstamo a domicilio

-Xestionarase por ordenador e ademais será preciso cumprimentar un acta escrita e presentar o carné da Biblioteca.

-A duración do préstamo será de 15 días renovable por outros 15. Por cada día de retraso, 1 día de sanción sen poder levar ningún material en préstamo.

-Os e-readers préstanse baleiros, cunha funda e o cable USB para transferencia de datos e carga da batería do dispositivo.

Toda a información no portal web da Biblioteca Ánxel Casal

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*