Aprendendo francés a pé do camiño de Santiago

Aprendendo francés a pé do camiño de Santiago Rapaces de Sarria aproveitan a senda xacobea nunha actividade do departamento de Francés.

Xa que o camiño de Santiago pasa polo contorno da vila luguesa de Sarria e que por ese vieiro chegan un feixe de camiñantes de terras francesas, o departamento de Francés do IES Xograr Afonso Gómez propúxolles aos cativos preguntarlles a estes viaxeiros por aspectos da súa viaxe, vivencias, etc. En resumo: acostumarse ao uso cotiá da lingua francesa. Do mesmo xeito, o alumnado contactou con veciños nados na propia vila que nalgún momento emigraron a Francia para falar con eles nesta lingua tomando como base un cuestionario elaborado a tal efecto. Participaron rapaces de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato do centro lugués.

Cóntannos sobre a iniciativa na bitácora O Xograr Lector, do IES Xograr Afonso Gómez.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*