XI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

apetega - XI Xornadas de Tecnoloxía de GaliciaLugar de celebración: IES Francisco Asorey de Cambados.
Datas: os días 6 e 7 de maio de 2011.

LÍMITE DE PRAZAS: As visitas didácticas á adega Condes de Albarei e a Guimatur son simultáneas, polo que haberá que elixir unha delas. As prazas dispoñibles serán cubertas por orde de inscrición.
Pódedes inscribirvos accedendo ó formulario de inscrición.
Como en anos anteriores, a maior parte do programa estará adicado a obradoiros.

Este ano tamén podes participar facendo unha comunicación breve ou traendo proxectos para a exposición.

Se tes algunha idea innovadora ou algunha proposta podedes poñervos en contacto con nós no enderezo xornadas@apetega.org.

Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas.

Para calquera dúbida ou suxestión podes escribir a xornadas@apetega.org.

Máis información na web de APETEGA.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*