IV Congreso Climántica

Premios Climántica‘Xa somos máis recuperando o planeta’ é lema da convocatoria, que anima os centros a participar enviando traballos de todo tipo.

Relatos, poesía, curtametraxes cun guión ambiental, vídeos musicais, vídeos de obras de teatro, fotografía comentada, cómic, presentacións, xogos, debuxos, etc Un feixe de posibilidades abertas para participar neste IV Congreso CLMNTK (Proxecto Climántica) co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co ambiente.

Haberá ademais un amplo abano de premios para os estudantes de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade que se animen a participar. Os traballados serán xulgados a medias entre os usuarios da web do Congreso e un xurado integrado por educadores. Os criterios: que exista unha relación clara co proxecto, a orixinalidade, o rigor, a capacidade de sensibilizació, o grao de madureza na elaboración técnica e que se mostre relación entre os diferentes coñecementos e a comprensión destes. O prazo de recepción de propostas está aberto deica o 31 de maio.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*