No niño novo do vento

No niño novo do vento: 100 anos de Álvaro CunqueiroInicia percorrido en Mondoñedo a exposición sobre Álvaro Cunqueiro no ano do centenario cunqueirán.

“Eu nascín
entre as zocas e os lóstregos
na mitade da noite
corenta e sete días despois do primeiro aeroplano
aínda colgaban do aramio da anteguerra todas as
intactas maravillas inauditas”

Escribíao así o mozote Álvaro Cunqueiro en 1933 nos seus Poemas do Si e do Non. Nado un 22 de decembro de 1911 na vila de Mondoñedo, unha das sete capitais do Antigo Reino de Galicia, a partir dese seu contorno local construíu o autor o seu particular universo vital e literario. E esta súa vila natal foi a elixida para botar a andar neste mes das Letras a exposición titulada No niño novo do vento. Unha mostra que fai percorrido pola traxectoria pública e privada de Álvaro Cunqueiro.

A exposición estará en Mondoñedo deica o 18 de maio, onde pode visitarse de luns a venres en horario de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas e os sábados entre 10 e 13h. Posteriormente iniciará camiño polas principais cidades do país.

Na web oficial da mostra poden consultarse e descargarse os paneis que guían a visita: 100 anos de Cunqueiro: No niño novo do vento

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*