Baixo as estrelas (2)

Baixo as estrelas: Día Internacional dos Museos, na CoruñaGuieiro de mostras das galerías de arte da Coruña, que tamén se unen á celebración do Día Internacional dos Museos.

Anímate a visitar as súas exposicións:
– Galería 981 Style: “Pintura en directo” (Óscar Cabana). “Fotografía e retoque en directo” (Pablo Mella). “Proxección dun filme sobre arquitectura”. (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7. 981style at 981style.com

– Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición “Prometeo y la caja de Pandora”, de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo. 9the13 at 9the13.com

– Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. “Exposición de pintura e escultura de Guada”. Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: “Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica” polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. “Obradoiro de pintura pola artista Guada”: realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 – Parking privado Farmacia Rilo. info at boticaarte.com

– Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): “Exposición da artista Serra Sanabra”. “Obradoiro en directo de creación artística” a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre “Pezas da Memoria” entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida. Alenklass at yahoo.es

– Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición “Frame”, de Nico Munuera. “Obradoiro para nenos e nenas” ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª. galeria at anavilaseco.com

– Galería ARGA: “Exposición Colectiva de ARGA” e “Mural colectivo” realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.

– Galería Arte-Imagen: Exposición “Músicos y vida cotidiana”, de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo. Arimagen at ozu.es

– Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo. Atlantica at atlantica-arte.com

– Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título “De libros y de artistas”. Travesía do Orzán, s/n. coleccionan at gmail.com

– Galería de Arte Julia Ares: “Exposición permanente”. “Tertulia con artistas da cidade”. Rúa Curros Enríquez 5, baixo. info at elreflejo.com; juliares at live.com

– Galería de Arte Xerión: Exposición “Jordi Isern”. Rúa Modesta Goicouría 7. Galeriaxerion at hotmail.com

– Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: “Obra seleccionada, Os nosos artistas” (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández…). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4. Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.

– Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico “Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art”. De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 – moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Máis na web A Coruña Cultura.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*