Zapatos

Zapatos, de Caramuxo TeatroA obra infantil de Caramuxo esta semana en Melide e na Coruña (0 – 4 anos).

¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa?
Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.
Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.
“Zapatos” narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Actriz: Laura Sarasola.
Dramaturxia e dirección: Juan Rodríguez.
Espacio escénico, atrezzo e títeres: Caramuxo teatro.

Público: Bebés de un a catro anos.
Aforo limitado a 80 espectadores.

MAIO
10 Martes 18:00 – ZAPATOS – Casa da Cultura / Melide (A Coruña).
10 Martes 19:00 – ZAPATOS – Casa da Cultura / Melide (A Coruña)
11 Mércores 17:30 – ZAPATOS – Biblioteca Municipal Os Rosais / A Coruña.
11 Mércores 19:00 – ZAPATOS – Biblioteca Municipal Os Rosais / A Coruña.
12 Venres 12:00 – ZAPATOS – CEIP. Fernández Latorre / A Coruña.

XUÑO
9 Xoves 12:00 – ZAPATOS – C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez / A Coruña

Máis en Caramuxo Teatro .net

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*