Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades: Educar para a Igualdade de Trato

Novas fronteiras na igualdade de oportunidadesCurso de verán da USC entre o 19 e o 22 de xullo. En Lalín.

O obxectivo é facilitar o encontro de profesionais dos distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, especialmente o profesorado, favorecendo o intercambio de experiencias e o apoio mutuo. Debater sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social. Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que os afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos. Incrementar o número de homes sensibilizados e que participan activamente a favor da igualdade de oportunidades. Coñecer a situación en canto aos recursos e ferramentas existentes no territorio cara á consecución real da igualdade de trato. Comprender a importancia da sensibilización para promover o cambio de mentalidades, actitudes e prácticas en relación coa igualdade de oportunidades e a convivencia.

2 CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
2 CRÉDITOS OPTATIVOS (titulacións de Grao EEES)
CURSO RECOÑECIDO COMO FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Máis información na páxina do curso na web da USC: NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: EDUCAR PARA A IGUALDADE DE TRATO e e na web de Igualdade do Concello de Lalín.

Tamén, grupo en Facebook: NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*