Programa de obradoiros infantís de verán ‘Un museo paralelo’

Programa de obradoiros infantís de verán ‘Un museo paralelo’Desde o 5 de xullo no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

A partir deste martes 5 de xullo comezan no MARCO os obradoiros infantís de verán, co obxectivo de achegar aos máis pequenos as obras dos artistas presentes no Museo. A través de percorridos por salas, e de divertidas sesións no ‘Laboratorio das Artes’, os participantes traballan as súas habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación da arte contemporánea.

O programa deste verán, que leva por título ‘Un museo paralelo’, toma como punto de partida os tres proxectos que actualmente ocupan as salas do MARCO: a instalación de MARTIN CREED na planta baixa e nunha das galerías do 1º andar, a mostra de RUBÉN GRILO no primeiro andar, e o proxecto HOTEL MARCO no Espazo Anexo. Unha das paredes do taller de didáctica servirá como soporte para unha actividade colectiva, na que experimentaremos coas técnicas decorativas do artista Michael Lin; noutro recuncho crearemos o noso propio ‘Mini-Museo da ignorancia’, feito de obxectos atopados e tamén inventados; encheremos o espazo do Laboratorio das Artes coas nosas collages de globos reciclados, utilizaremos o son e a repetición como recursos creativos, e construiremos maquetas do noso particular cuarto de hotel, entre moitas outras actividades.

DESTINATARIOS
Público infantil a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

DATAS
Do 5 ao 29 de xullo de 2011

LUGAR
Laboratorio das Artes

HORARIO
Martes, mércores, xoves e venres, de 12.00 a 14.00

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo.
Hora límite de entrada: ás 12.15

Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*