Os megatoxos e a cara oculta de Lúa

Os megatoxos e a cara oculta de Lúa O gañador do Premio Merlín 2011, Anxo Fariña, creador desta exitosa serie ilustrada, achega unha nova aventura.

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.

Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Máis información na bitácora de Os Megatoxos

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*