Mostra de Vellos Oficios

Mostra de Vellos Oficios - zoqueiroCada fin de semana, en Lugo, demostracións ao vivo de artesáns do barro, ferro, tecido e madeira.

Serán máis de 60 artesáns os que pasen pola cidade deica o próximo 11 de setembro. A iniciativa, posta en marcha pola área de Cultura e Turismo, que dirixe o nacionalista Antón Bao, servirá para poñer en valor o traballo de profesionais procedentes de toda Galicia que traballan diversas disciplinas e materiais segundo os métodos tradicionais das súas zonas de orixe. Na vindeira fin de semana a Mostra acollerá demostracións dun canteiro, un tallista de pizarra de Navia, fiadoras, palilleiras e un carpinteiro.

Durante a primeira convocatoria, a pasada fin de semana, un milleiro de persoas gozaron do evento coas demostracións de oleiros, zoqueiros, ferreiros, palilleiras, tecelás ou torneiros. De xeito especial, foron moitos tamén os nenos e nenas que participaron nos obradoiros.

Así por exemplo, o zoqueiro Alberto Geada, na imaxe foi un dos protagonistas das demostracións ao vivo. Este mozo de Alfoz, que herdou o oficio do seu pai, soubo reinventar a tradición para colocar as súas zocas en pasarelas de moda e mesmo en musicais.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*