A ONCE adaptou este ano 32 volumes en lingua galega para persoas con discapacidade visual

Visita do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ao centro de recursos da ONCELibros de texto e adaptacións de obras de recoñecidos autores da literatura galega, como Xosé Luís Méndez Ferrín, Fina Casalderrey, Rosa Aneiros e Carlos Casares.

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) continúa estendendo o catálogo de recursos educativos dispoñibles en lingua galega para as persoas cegas e con discapacidade visual. O traballo realízase ao abeiro dun convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deste xeito, no que vai de ano, foron adaptados ao sistema de lectura Braille e ao sistema de gravación Daisy un total de 32 volumes. A adaptación vaise realizando ao fío das propias solicitudes dos afiliados e afiliadas da ONCE na delegación territorial de Galicia.

Os novos materiais inclúen libros de texto para diversas materias dos niveis de ensino de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Ademais, no que vai de ano fíxose tamén transcrición, gravación e adaptación de obras da literatura galega: Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín; O sol do verán, de Carlos Casares; A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey; Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros; e Alén da desventura, de Xavier Alcalá, entre outras.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*