Calendario escolar do Curso 2011 – 2012

Calendario escolar do Curso 2011 – 2012Incluímos a relación de festivos oficiais.

  • 1 – 6 de setembro: Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2010/2011 para o alumna­do de educación secundaria obrigatoria e bacharelato
  • 6 – 8 de setembro: Avaliación e notas da dita convocatoria extraordi­naria
  • 1 – 12 de setembro: Prazo extraordinario para matrícula do alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese ma­tricularse no prazo ordinario
  • 12 de setembro: Comezan as clases no 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria. Iníciase tamén o servizo de comedor escolar para a educación primaria.
  • 16 de setembro: Comezan as clases na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, en formación profesional e en­sinanzas de réxime especial. Iníciase o servizo de comedor escolar para a educación secundaria.
  • 12 de outubro: Día da Hispanidade (festivo)
  • 31 de outubro: Día do Ensino (festivo)
  • 1 de novembro: Día de Todos os Santos (festivo)
  • 6 de decembro: Día da Constitución (festivo)
  • 8 de decembro: Inmaculada Concepción (festivo)
  • 22 de decembro de 2011 a 8 de xaneiro de 2012 (ambos os dous días incluídos): Vacacións de Nadal.
  • 20, 21 e 22 de febreiro de 2012: Vacacións de entroido.
  • 2 – 9 de abril de 2012 (os dous días incluídos): Vacacións de Semana Santa.
  • 1 de maio: Día Internacional dos Traballadores (festivo)
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas (festivo)
  • 22 de xuño: Rematan as clases no 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial, na educación primaria, na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, en formación profesional e en­sinanzas de réxime especial. Rematan tamén os servizos de comedor escolar.
  • (***Para o segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acor­do coas datas previstas para a proba de acceso á universidade)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*