Construíndo unha escola en Zambia

Construíndo unha escola en Zambia vía FacebookAlgo máis que un xogo para o Facebook: unha escola que despois se fará realidade.

School Land é unha aplicación de Facebook que convida os internautas a colaborar na construción dunha escola virtual. O obxectivo, que esa escola despois se faga realidade en Zambia. O proxecto está impulsado por UNICEF e conta co apoio de ING Direct.

Os fondos que se obteñan vanse empregar no financiamento de rehabilitación e construción de novas escolas na zona de Luapula, en Zambia, un lugar onde moitos cativos non teñen acceso á educación.

School Land ten ademais o obxectivo de mobilizar a cidadanía en prol da educación en África. A iniciativa ‘Escolas Amigas da Infancia’ é un proxecto integral que busca que os rapaces non só reciban formación, senón que tamén teñan acceso a auga potable, alimentación axeitada e servizos sanitarios.

School Land está accesible desde o espazo en Facebook de Unicef

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*